Blogia
vgomez

CANTO SABES DE QATAR? X

Continúo coa serie adicada a Qatar, un país localizado no oeste de Asia, ocupando a pequena Península de Qatar, sendo un pouco máis grande que o noso Principado de Asturias.

A contestación correcta á pregunta onte é Shayla. Os homes en Qatar levan un uniforme composto dun kufiyya (turbante) que portan na cabeza e que pode ser de cor branca (o máis común entre os homes) e tamén pode ser vermello; e pola túnica branca coñecida como thawb, que destaca pola súa lixeireza debido ás elevadas temperaturas rexistradas no país. As mulleres, pola súa banda, utilizan o shayla para cubrirse o pelo, ademais de usar túnica para cubrirse o resto do corpo. Doutra banda, cabe destacar que en Qatar impera a sharía, unha lei relixiosa inspirada no Corán (o libro sacro para o islam). Ao fin e ao cabo, é un código de conduta que separa, segundo as súas valoracións, o que está ben e o que está mal. Ademais, atópase a sunna, é dicir, aqueles comportamentos exemplares que tivo o profeta Mahoma e que os musulmáns deben seguir.

E imos coa pregunta de hoxe!

10. Cal é a moeda oficial de Qatar?

- Rial

- Shekel

- Rupia

Mañá a solución e una nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org   Imaxes: especiales.depor.com/qatar-2022 e es.wikipedia.org

0 comentarios