Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE OS PEIXES? XVI (FIN)

Continúo co a serei adicada aos peixes, eses animais vertebrados primariamente acuáticos, xeralmente ectotérmicos (regulan a súa temperatura para partir do medio ambiente) e con respiración por branquias. Adoitan estar recubertos por escamas, e están dotados de aletas, que permiten o seu movemento continuo nos medios acuáticos, e branquias, coas que captan o osíxeno disolto na auga.

A contestación correcta á pregunta de onte é Peixes brancos: Bacallau, rodaballo, peixe sapo. Peixes azuis: Sardiña, anchoa, salmón. A distinción de peixes entre peixes brancos e peixes azuis vén determinada pola cantidade de graxa que ten a súa carne. Mentres que os peixes azuis son tamén chamados peixes graxos, precisamente porque ofrecen unha achega graxa superior ao 5%, os peixes brancos ofrecen unha achega graxa menor ao 2%. Os peixes semigrasos pola contra ofrecen unha achega graxa que se atopa entre o 2 % máximo dos peixes brancos e o 5% mínimo dos azuis, como a cherna (mero) ou a troita.

 

E así remato esta serie, esperando que axudase a coñecer millor o mundo dos peixes.

Ata a próxima serie!

FONTE: es.wikipedia.org    Imaxe: facebook.com/pescanova

0 comentarios