Blogia
vgomez

CANTO SABES DE LUXEMBURGO? XIV (FIN)

Remato coa serie adicada a Luxemburgo, oficialmente Gran Ducado de Luxemburgo, un pequeño país sen litoral marítimo de Europa occidental que debido a súa situación física, estabilidade política, poboación plurilingüe e os incentivos fiscais convertérono nun importante centro financeiro.

A contestación correcta á pregunta de onte, e última da serie, é Rosa. Concretamente a Rosa Princesa de Luxemburgo. Un arbusto vigoroso produce delicados cogollos de cor rosa cremoso con pinceladas de cor verde clara. As flores densamente dobres en forma de copa do mesma cor teñen un centro rosa escuro. As flores alcanzan os 10 cm de diámetro e constan de 70-80 pétalos inusuais. Parécense ás ás dunha bolboreta. Un capullo medio aberto pódese comparar cun nenúfar. As flores están dispostas individualmente e de 3 a 7 inflorescencias por talo. Exudan un aroma agradable e doce de intensidade media.

E así remato esta serie esperando que servise para coñecer algo millor este fermoso país. Ata a próxima serie!

FONTE: es.wikipedia.org e ibuilders-es.techinfus.com Imaxes: gardencenterejea.com

0 comentarios