Blogia
vgomez

CANTO SABES DE ASTURIAS? XIII

Continúo coa serie adicada a Asturias, oficialmente Principado de Asturias, comunidade autónoma española uniprovincial, situada no norte da Península Ibérica, caracterizada por ter unha especial contorna verde e natural coa mestura perfecta entre mar e montaña, praias, cantís e miradoiros espectaculares, municipios e pobos pesqueiros moi pintorescos que os fai únicos.

A contestación á pregunta de onte é Lago do Val. Ou do Allo, é o maior do Complexo Lacustre de Somiedo. Situado dentro de Concello de Somiedo, conta cun orixe glaciar, e é considerado como Monumento Natural, formando parte do Parque Natural de Somiedo. Pode chegar a albergar ata 2.450.000 m3 de auga. A altitude da súa beira é de 1.560 metros sobre o nivel do mar. O Complexo Lacustre de Somiedo está composto por unha serie de 12 lagos que se agrupan aos longo de dous vales somedanos; o Val de Saliencia, ao nordés, e o Val do Lago, ao suroeste, separados por un crestón calizo. O Lago do Val atópase na cabeceira do Valle do Lago, en cuxo fondo se atopa o pobo tamén chamado Valle, así como o río que o drena.

E imos coa preguta de hoxe!

13. El Parque Nacional dos Picos de Europa é compartido por Asturias, Cantabria e Castela-León, pero cantos Parques Naturales ten Asturias?

- 1

- 2

- 3

- 4

- 5

Mañá a solución e una nova proposta

FONTE: chcantabrico.es Ees.wikipedia.org  Imaxes: viajesyrutas.es e deporteasturiano.org

0 comentarios