Blogia
vgomez

CANTO SABES DE ESTREMADURA? III

Continúo coa serie adicada a Estremadura, comunidade autónoma situada no centro-oeste da península ibérica. Un espazo de grandes contrastes e está considerado como un dos máis importantes enclaves ecolóxicos de España. O seu patrimonio histórico é, igualmente, un dos máis sobresalientes da Península Ibérica.

A contestación correcta á pregunta de onte é Mérida. Situada no norte da provincia de Badaxoz, segundo a tradición historiográfica, foi fundada como colonia romana no ano 25 a. C. por orde do emperador Octavio Augusto para servir de retiro aos soldados veteranos (eméritos) das lexións V Alaudae e X Gemina; de aí o seu nome romano de Emerita Augusta,​ aínda que hai propostas para datas máis temperás. A cidade, unha das máis importantes de toda Hispania, foi dotada con todas as comodidades dunha gran urbe romana e exerceu de capital da provincia romana de Lusitania desde a súa fundación e como capital de toda a diocese de Hispania durante o século IV. Tras as invasións bárbaras, a partir do século V d. C., Mérida seguiu sendo unha importante cidade do Reino Visigodo de Hispania no século VI, converténdose en capital do reino, a Urbs Rexia, antes de que o fose Toledo. No ano 713 a cidade caeu en mans musulmás, os cales a converteron en capital da Cora de Mérida. Os mozárabes emeritenses rebeláronse repetidamente contra as autoridades califales no século IX e a cidade comezou un lento declive. Mérida foi reconquistada polas tropas cristiás de Alfonso IX de León en 1230. En recoñecemento ao seu pasado esplendor, en 1983 foi designada capital da comunidade autónoma de Estremadura.  

E imos coa pregunta de hoxe!

3. Cal é a bandeira de Estremadura?

- 1

- 2

- 3

Mañá a solución e una nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org    Imaxes: civilizacionyculturaextremadura.weebly.com e es.wikipedia.org

0 comentarios