Blogia
vgomez

CANTO SABES DE ARAGÓN?

Aragón é un territorio que sorprende coa súa diversidade paisaxística e cultural. Desde impoñentes montañas ata pobos con historia, cada recuncho conta unha historia única. O reino de Aragón, xunto co principado de Cataluña, os reinos de Valencia e Mallorca e outros territorios de Francia, Italia e Grecia conformaron durante séculos a histórica Coroa de Aragón. En 1982 constituíuse como comunidade autónoma.

Gustaríache coñecela mellor? Si! Pois alá imos!

1. Cales son os límites de Aragón?

- Limita ao norte con Francia, ao oeste con Navarra, ao sur con Castela-A Mancha e ao leste con Cataluña

- Limita ao norte con Francia, ao oeste con Navarra, A Rioxa e Castela e León, ao sur con Castela-A Mancha e a Comunidade Valenciana e ao leste con Cataluña.

- Limita ao norte con Francia, ao oeste coa Rioxa e Castela e León, ao sur coa Comunidade Valenciana e ao leste con Cataluña.

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org    Imaxes: turismodearagon.com

0 comentarios