Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE A TÁBOA PERIÓDICA? XXI (FIN)

Remato, hoxe, coa serie adicada á táboa periódica dos elementos, unha disposición en formato de táboa dos elementos químicos, ordenados polo seu número atómico, configuración electrónica e propiedades químicas recorrentes.

A contestación correcta á pregunta de onte e última da serie é…

A saber…

* Masa atómica: É a masa dun átomo, xeralmente expresada en unidades de masa atómica (uma). É a masa total de protóns e neutróns que compoñen o núcleo do átomo.

* Electronegatividade: É a medida da capacidade dun átomo para atraer electróns cara a si mesmo cando forma unha ligazón química.

* Estado de oxidación: Tamén coñecido como número de oxidación, é un valor que representa a carga hipotética que tería un átomo se todas as ligazóns químicas fosen completamente iónicas.

* Primeira enerxía de ionización: (EI1) é a enerxía mínima necesaria para remover un electrón dun átomo neutro en fase gasosa, formando un ión positivo e un electrón.

* Configuración electrónica: Describe como os electróns dun átomo distribúense nos diferentes niveis e subniveles de enerxía.

* Cor: metales alcalinos, alcalineotérreos, otros metais, metais de transición, lantánidos, actínidos, metaloides, non metais, halóxenos e gases nobres.

E así remato esta serie, esperando que axudase a recordar ou mellorar o coñecemento sobre a táboa periódica.

Ata a próxima serie!

FONTE e Imaxes:  es.wikipedia.org 

0 comentarios