Blogia
vgomez

CANTO SABES DE ISLANDIA? XIII

Continúo coa serie adicada a Islandia, esa illa europea situada no océano Atlántico, coñecida pola súa impresionante paisaxe volcánica, glaciares e auroras boreais. País cunha poboación relativamente pequena, onde a enerxía renovable e o turismo son piares importantes da súa economía.

A contestación correcta á pregunta de onte é República Parlamentaria. A forma de goberno de Islandia é a de república parlamentaria. A actual república proclamouse o 17 de xuño de 1944. Desde o 1 de decembro de 1918, e ata ese día, Islandia fora un estado soberano baixo a coroa danesa. Tras o referendo constitucional celebrado en maio dese ano, ocorrido mentres Dinamarca atopábase ocupada por Alemaña, aprobouse a independencia definitiva. O parlamento islandés, chamado Althing, foi creado no ano 930, polo que considérase o máis antigo do mundo.

E imos coa pegunta de hoxe!

13. Cal é a Presidenta de Islandia?

- 1

- 2

Mañá a solución e una nova proposta!

FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org

0 comentarios