CANTO SABES DA REXIÓN DE MURCIA? IX
Continúo coa serie adicada á Rexión de Murcia, tamén coñecida como o “Xardín de Europa”. Destacamos as súas reservas mariñas, praias paradisíacas, pinturas rupestres, vestixios romanos, tradicións únicas, chans fértiles e as terras de cultivo que se estenden en todas direccións dan lugar a marabillosos froitos, apreciados nos seus pratos irresistibles, e unha natureza envexable.
A contestación correcta á pregunta de onte é Mula. Pertencente á conca hidrográfica do Segura, discurre íntegramente os seus 57,4 km pola Rexión de Murcia. Nace na Fontes de Mula (Bulla) e desemboca na marxe dereita do río Sehura entre os concellos de Alguazas e As Torres de Cotillas.
E imos coa pregunta de hoxe!
9. Cal é a illa de maior tamaño da rexión de Murcia?
- Illa Perdiguera
- Illa Mayor
- Illa do Fraile
- Illa Grosa
Mañá a solución e una nova proposta!
FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org
0 comentarios