CANTO SABES DA REXIÓN DE MURCIA? X
Continúo coa serie adicada á Rexión de Murcia, tamén coñecida como o “Xardín de Europa”. Destacamos as súas reservas mariñas, praias paradisíacas, pinturas rupestres, vestixios romanos, tradicións únicas, chans fértiles e as terras de cultivo que se estenden en todas direccións dan lugar a marabillosos froitos, apreciados nos seus pratos irresistibles, e unha natureza envexable.
A contestación correcta á pregunta de onte é Illa Mayor. Tamén chamada Illa do Barón, está situada case no centro do Mar Menor, e como o seu nome indica é a illa de maiores dimensións tanto dese mar como de toda a rexión murciana (93’8 hectáreas). Trátase dun cono volcánico extinguido que lle dá á illa a súa característica forma cónica (104 metros de altitude) e perímetro redondo. É de propiedade privada, polo que está prohibido desembarcar nela. O nome de Illa do Barón vénlle do Barón de Benifayó, quen construíu un palacio de estilo neomudéxar nesta illa, coñecido como a casa do barón. A Illa Mayor posúe un bosque de palmeira anana único en Europa e conta tamén cunha gran riqueza ornitolóxica. Paisaxe Protexida.
E imos coa pregunta de hoxe!
10. Cal é o actual Presidente da Comunidade Autónoma da Rexión de Murcia?
- 1
- 2
- 3
Mañá a solución e una nova proposta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: es.wikipedia.org, asambleamurcia.es, laopiniondemurcia.es e antena3.com
0 comentarios