ENCRUCILLADO CLXXXV
VERTICAIS: 1. Capital e principal cidade de Burkina Faso 2. Planta arbustiva moi ramificada, con talos de ata un metro de altura, flores rosáceas e froito en drupa de cor branca ou rosada, propia das dunas e lugares areosos, e de nome científico Corema album 4. Elemento químico do grupo dos gases nobres, radioactivo, orixinado por descomposición do radio e de símbolo Rn 5. Porción de excremento compacta que se expulsa dunha vez 9. Endurecemento patolóxico dun tecido ou dun órgano.
HORIZONTAIS: 3. Montaña de 2.314,3 m.s.n.m., que forma parte do Sistema Ibérico, situada entre a provincia de Zaragoza (Aragón) e a provincia de Soria (Castela e León) 6. Paxaro da familia dos córvidos, de cor parda con tons azuis, brancos e negros nas ás, rabadilla branca, rabo negro e carapucha riscada de branco e negro, e de nome científico Garrulus glandarius 7. Río máis grande de Andalucía 8. Reunión nocturna de bruxos e bruxas na que supostamente aparecía o demo transmutado no corpo dun castrón 10. Alcohol de fórmula C2H5OH, incoloro e inflamable, compoñente fundamental das bebidas alcohólicas.
0 comentarios