CANTO SABES DE BURKINA FASO?
Oiches falar alguna vez de Burkina Faso? Este país africano, durante moito tempo, foi coñecido como Alto Volta, pola súa localización no curso superior do río Volta, ata que en 1984 o presidente Thomas Sankara cambioulle o nome para deixar atrás o pasado colonial (Burkina Faso significa “país dos homes íntegros”).
Trátase dunse dun país que ten unha natureza espectacular! Coñecido pola súa economía agrícola, cunha poboación que se dedica á subsistencia, cultivando produtos como o painzo e o sorgo, e unha exportación centrada no algodón e o ouro. Divídese xeograficamente en áreas boscosas e fértiles, unha meseta central de sabana e unha árida zona saheliana no norte.
Se despois destes datos queres afondar no coñecemento deste país, anímote a que me sigas diariamente nesta serie!
Comezamos!
1. Burkina Faso é un país, sen litoral, de África Occidental, pero cales son os seus límites?
- Limita ao norte con Malí, ao sur con Níxer, ao leste con Costa do Marfil e ao sur Ghana, Togo e Benín.
- Limita ao noroeste con Mali, Níxer ao leste, Benín ao sueste e Togo, Ghana e Costa de Marfil ao sur.
Mañá a solución e una nova proposta!
FONTE: gl.wikipedia.org Imaxes: gl.wikipedia.org e azulmarino.com/es
0 comentarios