A IA (INTELIXENCIA ARTIFICIAL) II
Segue a ser a palabra de moda (IA) Intelixencia Artificial!
A IA é un campo da informática enfocado en crear máquinas intelixentes que poidan realizar tarefas que normalmente requiren intelixencia humana, como aprender, razoar e resolver problemas. Os sistemas de IA aprenden de grandes cantidades de datos, identifican patróns para facer predicións ou tomar decisións sen estar programados explicitamente para cada situación.
A IA é un campo complexo e de rápida evolución, e é natural que haxa un gran interese nela. Isto reflíctese na cantidade de frases e citas soadas que se pronunciaron sobre ela.
Por segunda vez, aquí tes algunhas que nos servirán para reflexionar sobre a IA outra vez.
A primeira e de Stephen William Hawking (Oxford, 1942-Cambridge, 2018), físico teórico, astrofísico, cosmólogo e divulgador científico británico:
"A intelixencia artificial é a última fronteira. Mais alá desta fronteira atópanse beneficios inimaxinables para a humanidade, pero tamén riscos que ameazan a nosa existencia mesma. Debemos de manexar esta tecnoloxía con coidado, cunha visión clara das súas consecuencias e cun sentido de responsabilidade que nos faga conscientes dos nosos deberes para coas xeracións futuras".
A segunda é do controvertido Elon Reeve Musk (Pretoria, 1971), empresario, investidor, activista político conservador e magnate. CEO de Tesla e SpaceX:
"A intelixencia artificial é unha tecología que nos permitirá crear un mundo máis efeciente e produtivo. Ten o potencial de automatizar moitas tarefas que actualmente realizan os humanos , o que nos liberará para dedicarnos a actividades máis creativas e significativas".
A terceira é de Manuel Castells Oliván (Hellín-Albacete, 1942), sociólogo e profesor universitario, que exerceu como ministro de Universidades entre xaneiro de 2020 e decembro de 2021:
"A intelixencia artificial expón unha serie de desafíos sociais que debemos abordar. necesitamos asegurarnos que esta tecnoloxía utilícese de maneira responsable e ética, e que non se utilice para perpetuar as desigualdades existentes".
A cuarta é de Isaac Asimov (Petróvichi-RSFS de Rusia, 1920-Nova York, 1992)[ un escritor estadounidense de orixe rusa, coñecido por ser un prolífico autor de obras de ciencia ficción e divulgación científica. Profesor de Bioquímica na Escola de Medicina da Universidade de Boston:
“As tres leis da robótica:
1 -Un robot non fará dano a un ser humano ou, por inacción, permitirá que un ser humano sufra dano.
2 -Un robot debe cumprir as ordes dadas polos seres humanos, fóra daquelas que entrasen en conflito coa primeira lei.
3 – Un robot debe protexer a súa propia existencia na medida en que esta protección non entre en conflito coa primeira ou coa segunda lei
A Lei Zeroth: un robot non pode danar á humanidade ou, por inacción, permitir que a humanidade sufra danos”.
Para rematar, a última é de Klaus Martin Schwab (Ravensburg, Baden-Wurtemberg, 1938), economista e empresario, coñecido principalmente por ser o Presidente Executivo do Foro Económico Mundial, organización fundada por el mesmo:
“Debemos abordar, individual e colectivamente, os problemas morais e éticos expostos pola investigación de vangarda en intelixencia artificial e biotecnoloxía, que permitirán unha extensión significativa da vida, bebés de deseño e extracción de memoria”.
Vosa é a última palabra!
FONTE: es.wikipedia.org, dail.es e manuduque.com Imaxe: comunicagenia.com
0 comentarios