CANTO SABES DE CABO VERDE? X
Continúo coa serie adicada a Cabo Verde é un país situado nun arquipélago volcánico fronte á costa noroeste de África. Famoso pola súa cultura criolla portuguesa-africana, a música morna tradicional e as súas numerosas praias fan deste país un lugar fermosísimo
A contestación correcta á pregunta de onte é Ribeiros. Cabo Verde, un arquipélago volcánico con clima árido, non ten ríos permanentes nin lagos importantes debido á escaseza de choivas e frecuentes secas, polo que a súa auga potable provén de desalinizadoras. Con todo, nas illas máis montañosas, como Santo Antão, existen arroios estacionais (ribeiros-as) como a Ribeira dá Torre e a Ribeira dá Paúl, que son vitais para a agricultura, enchéndose coas choivas e creando vales fértiles para cultivos como cana de azucre e plátanos.
E imos coa pregunta de hoxe:
10. Cal é o idioma oficial de Cabo Verde?
- Criollo caboverdiano
- Portugués
- Francés
Mañá a solución e una nova proposta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes:sodadetour.com/es/ e freepik.es
0 comentarios