CANTO SABES DE CHILE? XVI (FIN)
Remato coa serei adicada a Chile, ese país suramericano, tricontinental e colosal, xa que é o país máis longo e delgado do mundo.
A contestación correcta á pregunta de onte, e última da serie, é 5 Mario Vargas Llosa. Jorge Mario Pedro Vargas Llosa (Arequipa, 28 de marzo de 1936-Lima, 13 de abril de 2025), escritor peruano con nacionalidade española desde 1993 e nacionalidade dominicana desde xuño de 2022. Considerado como un dos máis importantes novelistas e ensaístas contemporáneos, as súas obras obtiveron numerosos premios, entre os que destacan o Premio Nobel de Literatura 2010, o Premio Cervantes 1994, o Premio Príncipe de Asturias das Letras 1986, o Premio Biblioteca Breve 1962, o Premio Rómulo Galegos 1967 e o Premio Planeta 1993, entre otros.
O resto de personaxes son cilenos. A saber…
1 Arturo Erasmo Vidal Pardo: Nado en Santiago de Chile o 22 de maio de 1987, é un futbolista profesional chileno que xoga de mediocentro no Inter de Milán da Serie A. Ademais, é internacional coa selección de Chile.
2 Pablo Nerdua: Neftalí Ricardo Reyes Basoalto, máis coñecido como Pablo Neruda, nado en Parral (Provincia de Linares, Chile) o 12 de xullo de 1904 e finado en Santiago de Chile o 23 de setembro de 1973, poeta chileno, gañador do Premio Nobel de Literatura no 1971.
3 Violeta Parra: Violeta del Carmen Parra Sandoval, nada en San Carlos de Itihue o 4 de outubro de 1917 e finada en Santiago de Chile o 5 de febreiro de 1967, cantante, pintora, escultora, bordadora e ceramista chilena, considerada unha das máis importantes representantes da música popular do seu país.
4 Salvador Allende: Salvador Guillermo Allende Gossens, nado en Santiago o 26 de xuño de 1908 e finado na mesma cidade o 11 de setembro de 1973, foi un político chileno, presidente do seu país entre 1970 e 1973, cando foi derrocado por un golpe de estado, apoiado pola CIA e os Estados Unidos de América, que acabou coa súa vida.
6 Gabriela Mistral: Lucila de María del Perpetuo Socorro Godoy Alcayaga, coñecida como Gabriela Mistral, nada en Vicuña, provincia de Elqui, o 7 de abril de 1889 e finada en Nova York o 10 de xaneiro de 1957, poeta chilena, gañadora do Premio Nobel de Literatura en 1945.
E así remato esta serie, esperando que servise para coñecer algo mellor este país.
Ata a próxima serie!
FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org
0 comentarios