TAL DÍA COMO HOXE: 26 DE XANEIRO...
Comezo, hoxe, unha nova serie, diaria que seguro que polo título saberedes de que vai: EFEMÉRIDES (Relación dos sucesos importantes ocorridos o mesmo día do ano ao longo da historia).
Comezamos!
1500: Onde actualmente atópase a cidade de Ponta Grossa, o navegante español Vicente Yáñez Pinzón chega á costa do actual Brasil.
1531: A cidade de Lisboa (capital de Portugal) é sacudida por un violentísimo terremoto de 8,1 graos na escala de Richter. Morren polo menos 30.000 persoas (case todos os seus habitantes). Este terremoto non se debe confundir co do 1 de novembro de 1755, de 9 graos, que mataría a unhas 100.000 persoas.
1540: En Alemaña, Valerius Cordus descobre o éter.
1898: No marco da Guerra hispano-estadounidense, entra na Habana o acoirazado estadounidense Maine, cuxo afundimento, atribuído aos españois, serve de pretexto para que Estados Unidos declarase a guerra a España.
1965: Na India, o idioma hindi convértese no idioma oficial do país.
1973: En España, o empresario Felipe Huarte, secuestrado pola banda terrorista ETA o pasado día 16, é posto en liberdade.
FONTE: hoyenlahistoria.com Imaxes:beckmesser.com e capeiaarraiana.pt
0 comentarios