TAL DÍA COMO HOXE... 1 DE MARZO
1493 Despois de que o 13 de febreiro pasado, durante a viaxe de regreso do Descubrimento de América, un forte temporal separas ás carabelas "La Niña", na que viaxa Colón, e "La Pinta", ao mando de Martín Alonso Pinzón, esta última entra no porto de Baiona (Pontevedra).
1872O Congreso aproba a creación do primeiro parque nacional dos Estados Unidos e primeiro do mundo. O Parque Nacional Yellowstone establécese para preservar 8.983 km2 dun bosque con condicións xeotérmicas únicas, localizado no oeste dos Estados Unidos.
1947O Fondo Monetario Internacional (FMI) inicia as súas operacións financeiras.
1950 En Londres, o físico alemán Klaus Fuchs, que colaborou na fabricación das dúas primeiras bombas atómicas norteamericanas, é declarado culpable de pasar segredos atómicos á Unión Soviética sendo condenado a 14 anos de prisión.
2004 Científicos españois demostran que a oxidación que provoca a éxtase (MDMA) nas moléculas da membrana neuronal é a causa do dano cerebral que se orixina nos adictos.
2010 En Uruguai, José Mujica asume a presidencia.
FONTE: hoyenlahistoria.com Imaxes: elespañol.com e es.wikipedia.org
0 comentarios