CANTO SABES DE LITUANIA? VII
Continúo coa serie adicada a Lituania, a maior e máis poboada das tres repúblicas bálticas, situada no nordés de Europa cun rico patrimonio histórico, paisaxes cubertas por densos bosques e costas no mar Báltico.
A contestación correcta á pregunta de onte é Outeiro Aukštojas. A estrutura básica de Lituania é dunhas fértiles chairas centrais separadas por terras altas onduladas que son antigos depósitos glaciares. Carece, pois, de grandes montañas. As poucas zonas altas son máis ben outeiros morrénicas. Deles, o máis alto é o Outeiro Aukštojas con 293,84 m.
E imos coa pregunta de hoxe!
7. Cal é o río máis grande de Lituania?
- Neris
- Dubysa
- Niemen
- Vilnia
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org
0 comentarios