CANTO SABES DE LITUANIA? XII
Continúo coa serie adicada a Lituania, a maior e máis poboada das tres repúblicas bálticas, situada no nordés de Europa cun rico patrimonio histórico, paisaxes cubertas por densos bosques e costas no mar Báltico.
A contestación correcta á pregunta de onte é República. A forma de goberto de Lituania é unha república semipresidencialista unitaria. O Presidente da República, é elixido por sufraxio universal por un período de 5 anos, é o Xefe do Estado e asume a súa representación. O Parlamento ou Seimas é unicameral e é o depositario da soberanía popular. Componse de 141 deputados elixidos por un período de 4 anos. O Goberno é nomeado polo Presidente da República e confirmado polo Seimas. A Constitución é a norma básica do ordenamento xurídico lituano, e foi aprobada en referendo o 25 de outubro de 1992.
E imos coa pregunta de hoxe!
12. Lituania tiene por moneda el euro (€), pero cual era la moneda anterior?
- Rublo
- Coroa
- Litas
- Esloti
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: es.wikipedia.org e exteriores.gob.es Imaxes: es.wikipedia.org e mynumi.net/es
0 comentarios