Blogia
vgomez

CANTO SABES DE LITUANIA? XIV

Continúo coa serie adicada a Lituania, a maior e máis poboada das tres repúblicas bálticas, situada no nordés de Europa cun rico patrimonio histórico, paisaxes cubertas por densos bosques e costas no mar Báltico.

A contestación correcta á pregunta de onte é 1990. O 11 de marzo de 1990, a República de Lituania declarouse como estado independente, sendo a primeira república soviética en abandonar Moscova e liderar a outros estados para facelo. Considerado ilegal polas autoridades soviéticas, o país foi recoñecido polas potencias occidentais inmediatamente antes da disolución da Unión Soviética. A propia Unión Soviética recoñeceu a independencia de Lituania o 6 de setembro de 1991. A ocupación da URSS comezara en 1940.

E imos coa pregunta de hoxe!

14. Cal é a relisión maioritaria en Lituania?

- Luteranos

- Calvinistas

- Musulmáns

- Católicos

- Xudeus

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org e exteriores.gob.es   Imaxes: reddit.com e elordenmundial.com

0 comentarios