Blogia
vgomez

CANTO SABES DE LETONIA? XII

Continúo coa serie adicada a Letonia, a Xoia do Báltico. Un país cheo de natureza, historia e unha cultura moi rica.

A contestación correcta á pregunta de onte é Democracia representativa. Letonia é unha democracia representativa con división de poderes no poder executivo, xudicial e lexislativo. A constitución de 1993 define o país como unha república parlamentaria representada por un parlamento unicameral (coñecida como Saeima) e un consello de ministros que conforma o poder executivo. O xefe de Estado é o presidente de Letonia, elixido en colexio electoral polos deputados do Saeima para un mandato de catro anos e posibilidade dunha soa reelección. Doutra banda, o primeiro ministro é o xefe de Gobierno do país e preside o consello de ministros. O presidente exerce como comandante en xefe das forzas armadas, nomea ao primeiro ministro despois da aprobación do Saeima, e ten algunhas funcións executivas suxeitas á firma do ministro competente.

E imos coa pregunta de hoxe e última da serie!

12. No seguinte listado hai un personaxe que non é letón. Saberías atopalo?

1-Mikhail Baryshnikov

2-Mark Rothko

3-Andréi Arshavin

4-Agatha Dranga

5-Māris Verpakovskis

Mañá a solución e fin da serie!

FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org

0 comentarios