TAL DÍA COMO HOXE: 29 DE ABRIL...
1624 En Francia, o Cardeal Richelieu asume o cargo de ministro de Luis XIII de Francia.
1882 En Berlín, Alemaña, Ernst Werner von Siemens proba o elektromote (antecesor do trolebús).
1899 O piloto belga Camille Jenatzy establece unha marca de velocidade en automóbil con 105,876 km/h a bordo do seu vehículo, A Jamais Contente.
1935 En España comeza a Primeira Volta Ciclista a España.
1945 No seu búnker de Berlín, Adolf Hitler casa con Eva Braun (suicidaranse ao día seguinte) e designa como o seu sucesor ao almirante Karl Doenitz.
1975 En Vietnam, tras catorce anos de guerra co invasor Estados Unidos, asínase o "cesamento do fogo".
1994 En España, dáse á fuga Luis Roldán (ex director xeneral da Garda Civil).
FONTE: hoyenlahistoria.com Imaxes: es.wikipedia.org
0 comentarios