CANTO SABES DE XEOGRAFÍA DE ESPAÑA? VIII
Continúo coa serie adicada á xeografía española, xa que coñecela en profundidade non só nos axuda a entender mellor o noso país, senón tamén a interpretar como inflúe na nosa cultura, economía e formas de vida.
A contestación correcta á pregunta de onte é Texo. Nace nos montes Universais, na serra de Albarracín (Teruel), sobre a rama occidental do sistema Ibérico e, despois de percorrer 1.007 km, chega ao océano Atlántico na cidade de Lisboa. S non consideraros o percorrido por Portugal o Ebro sería o máis longo, e así o é, de España con 930 km.
E imos coa pregunta de hoxe!
8. Cal é o maior afluente do Ebro por volume de Auga?
- Cinca
- Aragón
- Gállego
- Jalón
- Segre
- Guadalope
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE e Imaxes: Propia e es.wikipedia.org
0 comentarios