Blogia
vgomez

CANTO SABES DE XEOGRAFÍA DE ESPAÑA? XXVI

Continúo coa serie adicada á xeografía española, xa que coñecela en profundidade non só nos axuda a entender mellor o noso país, senón tamén a interpretar como inflúe na nosa cultura, economía e formas de vida.

A contestación correcta á pregunta de onte é Badaxoz. Esta provincia estremeña é a máis grande de España con 21.766 km². Seguelle, tamén a estremeña, Cáceres, con 19.868 km2, e en terceiro lugar, Cidade Real con 19.813 km2

E imos coa pregunta de hoxe!

26. Cal é o municipio máis poboado de España?

- Valencia

- Barcelona

- Madrid

- Zaragoza

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Propia e es.wikipedia.org    Imaxes: d-maps.com e es.wikipedia.org

0 comentarios