Blogia
vgomez

TAL DÍA COMO HOXE: 20 DE MAIO...

325 En Nicea lévase a cabo o Concilio de Nicea, primeiro concilio ecuménico das igrexas cristiás.

1875 En París créase a Oficina Internacional de Pesas e Medidas.

1888 Na Academia de Ciencias de París (Francia), Louis Pasteur presenta o resultado das súas investigacións sobre a rabia.

1891 Nunha convención da National Federation of Women’s Clubs (Federación Nacional de Clubs de Mujeres) realizada en Nova York (Estados Unidos), William Dickson, empregado de Thomas Edison, presenta un prototipo do quinetoscopio. Dous anos antes, o 14 de outubro de 1888, o inventor francés Louis Le Prince filmara en Leeds (Inglaterra) a primeira película do mundo: Roundhay garden scene.

1927 Nos Estados Unidos o aviador estadounidense Charles Lindbergh despega para iniciar o que será a primeira travesía en solitario por avión a través do océano Atlántico.

1958 España ingresa oficialmente no fondo Monetario Internacional e no Banco Mundial.

1978 Estados Unidos lanza a súa sonda Pioneer Venus a Venus.

1990 O telescopio espacial Hubble manda a primeira fotografía desde o espazo.

FONTE: hoyenlahistoria.com       Imaxes: lavanguardia.com/hemeroteca e elmundo.es

0 comentarios