Blogia
vgomez

CANTO SABES DE XEOGRAFÍA DE ESPAÑA? XXXIX

Continúo coa serie adicada á xeografía española, xa que coñecela en profundidade non só nos axuda a entender mellor o noso país, senón tamén a interpretar como inflúe na nosa cultura, economía e formas de vida.

A contestación correcta á pregunta de onte é Cantabria. Liébana é unha comarca histórica de Cantabria cunha extensión duns 570 quilómetros cadrados, localizada no suroeste de Cantabria. Limita o norte con Asturias e o municipio cántabro de Peñarrubia (Saja-Nansa), ao oeste con Castela e León (provincia de León), ao sur coa mesma comunidade (provincia de Palencia) e ao este con os vales cántabros de Lamasón, Rionansa e Polaciones, pertencentes á comarca antes mencionada. A comarca está situada nos Picos de Europa, cunha orografía a modo de gran foxa entre murallones de pedra calcaria fixo dela a mellor definida de Cantabria. De difícil acceso, trátase dunha comarca rural cuxa capital se sitúa en Potes.

E imos coa pregunta de hoxe e última da serie!

39. Onde se atopa a comarca da Alcarria?

- En Castela-A Mancha

- En Madrid

- En parte de Castela-A Mancha e parte de Madrid

Mañá a solución e fin da serie!

FONTE: Propia e es.wikipedia.org      Imaxes: montelouro.es e civitatis.com/es

0 comentarios