Blogia
vgomez

CANTO SABES DE XEOLOXÍA XX

Continúo coa serie adicada á xeoloxía, esa ciencia que se adica ao é estudo da Terra, dos materiais de que está feita, a estrutura deses materiais e os procesos que actúan sobre eles, incluindo o estudo de organismos que habitaron o noso planeta e como non, o estudo de como os materiais, estruturas, procesos e organismos da Terra cambiaron co tempo.

A contestación correcta á pregunta de onte é...

Estalactitas: Colgan do teito e medran cara abaixo. Fórmanse a medida que a auga pinga, deixando pequenos aneis de minerais que se acumulan.

Estalagmitas: Medran desde o chan cara arriba. Orixínanse pola auga que cae desde o teito e deposita os minerais que leva disoltos no chan.

Unha regra mnemotécnica moi sinxela para lembrar cal é cal é pensar que as estalactitas están no teito e "sostéñense", mentres que as estalagmitas están no chan e "levántanse". Ademais, se a auga segue pingando durante miles de anos, ambas as formacións poden unirse e crear unha soa columna.

E imos coa pregunta de hoxe!

20. Os glaciares  son grandes masas de xeo que se acumulan en zonas elevadas, por riba do nivel das neves perpetuas, ou nas rexións polare, e que descenden lentamente ata niveis inferiores. Completa os elementos que faltan no esquema.

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Propia e gl.wikipedia.org      Imaxes: concepto.de e natureduca.com

0 comentarios