Blogia
vgomez

CANTO SABES DE CROACIA? V

Continúo coa serie adicada a Croacia, onde o luminoso azul do mar Adriático, a abundante vexetación, un clima tépedo e os pobos e cidades medievais construídos en orixe polos romanos, fano un país único.

A contestación correcta á pregunta de onte é 55.000 Km2. Exactamente 56.594 km2. Para que te fagas unha idea comparativa tería a metade de Bulgaria (110.879), o dobre de Albania (28.748)  e algo máis que a comunidade autónoma de Aragón (47.720,25).

E imos coa pregunta de hoxe!

5. Cal é, aproximadamente, a poboación de Croacia?

- 3.000.000 habitantes

- 3.400.000 habitantes

- 3.800.000 habitantes

- 4.000.000 habitantes

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org       Imaxes: mapas-del-mundo.net e mediopenique.com

0 comentarios