CANTO SABES DE GUINEA ECUATORIAL?
Guinea Ecuatorial é un dos países máis misteriosos do mundo. Trátase dun dos países máis pequenos de África e onde o español é lingua oficial. Formado por unha banda no continente e cinco illas habitadas, trátase dun país de difícil acceso e que visitan poucos turistas. A pesar da súa importancia, e que moitos guineanos viven e estudan en España, a maioría das persoas saben pouco ou nada da súa historia.
Gustaríache saber máis deste país? Si! Pois comezamos!
1. Cales son os límites de Guinea Ecuatorial?
- Limita ao norte con Camerún, ao sur e ao leste con Gabón e ao oeste co golfo de Guinea (océano Atlántico).
- Limita ao norte con Camerún, leste coa República do Congo, ao sur Gabón e ao oeste co golfo de Guinea (océano Atlántico).
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: guineaecuatorialturismo.com e es.wikipedias.org
0 comentarios