TAL DÍA COMO HOXE: 13 DE XULLO...
1878 Tratado de Berlín: as potencias europeas reordenan o mapa dos Balcáns. Serbia, Montenegro e Romanía convértense en países independentes do Imperio Otomán.
1919 O dirixible R34 británico aterra en Norfolk, Inglaterra e convértese no primeiro dirixible que realiza unha viaxe completa a través do Océano Atlántico despois de 182 horas de voo.
1923 O Hollywood Sign colócase oficialmente nas montañas de Hollywood, Os Ánxeles. Orixinalmente líase "Hollywoodland" pero as catro últimas letras retiráronse tras a súa renovación en 1949.
1974 O escultor e profesor Ernő Rubik inventa o Cubo de Rubik, un crebacabezas mecánico tridimensional, en Budapest.
1997 Miguel Ángel Blanco, concelleiro do Partido Popular en Ermua (País Vasco), é asasinado pola banda terrorista ETA, despois de tres días de secuestro, provocando unha mobilización cidadá contra o terrorismo sen precedentes no país.
2007 Estréase Harry Potter e a orde do fénix, quinta película da saga, nos Estados Unidos, Londres e México.
FONTE: hoyenlahistoria.com Imaxes: thehistorypress.co.uk, fity.club, es.wikipedia.org e tv.apple.com
0 comentarios