CANTO SABES DE GUINEA ECUATORIAL? XIV (FIN)
Remato coa serie adicada a Guinea Ecuatorial, un dos países máis misteriosos do mundo, máis pequenos de África e onde o español é lingua oficial.
A contestación correctaá pregunta de onte, e última da serie é 3-Germaine Abessolo. Germaine Abessolo Bivina (Camerún, 9 de maio de 1990) é unha atleta camerunesa, especialista na proba de 200 m, na que logrou ser subcampioa africana en 2018.
O resto son todos de Guinea Ecuatorial. A saber...
1-Juan Michá Obiang Bicogo (Bata, 28 de xullo de 1975) é un adestrador e exxogador de fútbol ecuatoguineano no posto de dianteiro. É o actual adestrador da selección de fútbol Guinea Ecuatorial.
2-Genoveva Añonman Nze Ataha (Cogo, 12 de outubro de 1987) é unha adestradora e exxogadora de fútbol ecuatoguineana que xogaba como centrocampista. É a actual adestradora do FC 15 de Agosto feminino e adestradora adxunta da selección feminina sub-20 de Guinea Ecuatorial.
4-Rom So Love: Foi considerado para os Premios Joncham como o mellor artista de Guinea Ecuatorial en catro ocasións. Un fito musical que fixo crecer a súa popularidade a nivel nacional. O seu talento e estilo musical convérteno nun dos músicos con máis «hits» en toda a súa carreira.
E así remato esta serie, esperando que servise para coñecer algo mellor este país tan misterioso.
Ata a próxima serie!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: realequatoriaguinea.com, es.wikipedia.org, ouest-france.fr e facebook.com
0 comentarios