CANTO SABES DA HISTORIA DA HUMANIDADE? XI
Continúo coa serie adicada a historia da humanidade, na que determinados feitos, sucesos, acontecementos, guerras e demais cambiaron a situación xeopolítica, así como relacións entre distintos países e situacións actuais.
A contestación correcta á pregunta de onte é Johannes Gutenberg. Johannes Gensfleish zur Laden zum Gutenberg, nado en Maguncia en c. 1398 e finado o 3 de febreiro de 1468, foi un ferreiro, ourive, impresor, e editor alemán que introduciu a impresión en Europa, sendo coñecido polas súas contribucións á tecnoloxía da impresión ao menos en tres dos seus procesos: nas matrices ou pranchas de impresión de tipos móbiles, na prensa e nas tintas para transferir os tipos ao pergamiño ou ao papel. O seu invento fixo posible a publicación de libros en grandes cantidades e foi un dos factores máis decisivos para a difusión das ideas do Renacemento en toda Europa.
E imos coa pregunta de hoxe!
11. Cal foi o escándalo que forzou ao presidente dos Estados Unidos Richard Nixon a renunciar ao cargo?
- Escándalo de Lewinsky
- Escándalo de Watergate
- Escándalo Irán-Contra
- Controversia de Whitewater
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: Idea orixinal play.howstuffworks.com/quiz, es.wikipedia.org e propia Imaxe: es.wikipedia.org
0 comentarios