Blogia
vgomez

CANTO SABES DA HISTORIA DA HUMANIDADE? XII

Continúo coa serie adicada a historia da humanidade, na que determinados feitos, sucesos, acontecementos, guerras e demais cambiaron a situación xeopolítica, así como relacións entre distintos países e situacións actuais.

A contestación correcta á pregunta de onte é Escándalo de Watergate. O Watergate foi un escándalo político que supuxo unha crise constitucional nos anos setenta nos Estados Unidos de América. O escándalo tomou o nome do hotel de Washington, D.C. sede do comité electoral demócrata, no que tivo lugar un roubo de documentos e concluíu coa dimisión do presidente Richard Nixon. En 1972 o partido demócrata establece nel a súa sede de preparación para as eleccións a presidente. Lidera esta operación o senador McGovern, que está oposto ao apoio dos Estados Unidos de América á guerra de Vietnam. Richard Nixon presidente en función anda mal de popularidade e para enfrontarse á campaña electoral utilizou métodos ilegais. Neste contexto o edificio foi o escenario dun episodio de espionaxe. Aínda que algúns elementos non quedasen aclarados, a consecuencia do escándalo foi a dimisión de Nixon e a limitación de poderes do executivo: de aí en diante o senado puido vixiar ao FBI, a CIA, e a empresas internacionais.

E imos coa pregunta de hoxe!

12. Quen empezou a reforma cara ao protestantismo?

- John Calvin

- Francis Bacon

- Voltaire

- Martín Lutero

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal play.howstuffworks.com/quiz, es.wikipedia.org e propia   Imaxe: misrevistas.com e bibliatodo.com

0 comentarios