Blogia
vgomez

CANTO SABES DA HISTORIA DA HUMANIDADE? XIII

Continúo coa serie adicada a historia da humanidade, na que determinados feitos, sucesos, acontecementos, guerras e demais cambiaron a situación xeopolítica, así como relacións entre distintos países e situacións actuais.

A contestación correcta á pregunta de onte é Martín Lutero. Nado en Eisleben o 10 de novembro de 1483 e finado no mesmo lugar o 18 de febreiro de 1546, Lutero foi un teólogo, filósofo e frade católico agostiño que comezou e impulsou a Reforma protestante en Alemaña e cuxos ensinos inspiraron a doutrina teolóxica e cultural denominada luteranismo. O potestantismo salienta a xustificación dos pecadores só pola fe, o ensino de que a salvación vén pola graza divina inmerecida, o sacerdocio de todos os crentes, e a Biblia como a única fonte infalible de autoridade para a fe e as prácticas cristiás.

E imos coa pregunta de hoxe!

13. Cal foi o nome da primeira computadora de propósito xeral?

- ENIAC

- INIAC

- CAINE

- CNIEC

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal play.howstuffworks.com/quiz, es.wikipedia.org e propia   Imaxe: es.wikipedia.org e azulweb.net

0 comentarios