CANTO SABES DA HISTORIA DA HUMANIDADE? XVII
Continúo coa serie adicada a historia da humanidade, na que determinados feitos, sucesos, acontecementos, guerras e demais cambiaron a situación xeopolítica, así como relacións entre distintos países e situacións actuais.
A contestación correcta á pregunta de onte é Grecia. Os Xogos Olímpicos de 1896 foron os primeiros Xogos da era moderna e foron realizados en Atenas (Grecia), berce dos xogos da antigüidade, entre os días 6 e 15 de abril de 1896, coa participación de 241 atletas, todos homes, representando catorce países, grazas ao empeño visionario do francés Pierre de Frédy, o Barón de Coubertin, idealizador do renacemento dos xogos existentes na Grecia antiga, mentor do movemento olímpico e fundador do Comité Olímpico Internacional.
E imos coa pregunta de hoxe!
17. En que ano sucedeu a Semana Tráxica de Barcelona?
- 1809
- 1909
- 1939
Mañá a solución e outra nova proposta!
FONTE: Idea orixinal play.howstuffworks.com/quiz, es.wikipedia.org e propia Imaxe: es.wikipedia.org
0 comentarios