CANTO SABES DA HISTORIA DA HUMANIDADE? XXIII
Continúo coa serie adicada a historia da humanidade, na que determinados feitos, sucesos, acontecementos, guerras e demais cambiaron a situación xeopolítica, así como relacións entre distintos países e situacións actuais.
A contestación correcta á pregunta de onte é 1776. O Día da Independencia dos Estados Unidos (Independence Day ou The Fourth of July), é o día de festa nacional que se celebra o 4 de xullo nos Estados Unidos de América. Este día marca a firma da Declaración de Independencia en 1776 na cal o país proclamou a súa separación formal do Imperio británico. Durante a independencia estadounidense, a separación xurídica das Trece Colonias de Gran Bretaña ocorreu o 2 de xullo de 1776, cando o Segundo Congreso Continental votou para aprobar unha resolución de independencia que fora proposta en xuño por Richard Henry Lee de Virginia declarando os Estados Unidos independizados. Despois de votar a favor da independencia, o Congreso centrou a súa atención na Declaración de Independencia, unha declaración explicando esta decisión, que fora preparada por un comité de cinco, con Thomas Jefferson como o seu autor principal. O Congreso debateu e revisou o texto da Declaración, finalmente aprobándoa o 4 de xullo. Precisamente neste ano, 2026, celebranse os 250 anos de ral suceso.
E imos coa pregunta de hoxe!
23. Quen foi o primeiro Faraón de Exipto?
- Aha
- Den
- Narmer
- Merneith
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: Idea orixinal play.howstuffworks.com/quiz, es.wikipedia.org e propia Imaxe: airedesantafe.com.ar e nationalgeographic.com.es
0 comentarios