Blogia
vgomez

CANTO SABES DA HISTORIA DA HUMANIDADE? XXV

Continúo coa serie adicada a historia da humanidade, na que determinados feitos, sucesos, acontecementos, guerras e demais cambiaron a situación xeopolítica, así como relacións entre distintos países e situacións actuais.

A contestación correcta á pregunta de onte é PortugalO levantamento militar do día 25 de abril de 1974,denominado Revolución dos Caraveis  (en portugués: Revolução dos Cravos), derrubou, nun só día, o réxime político ditatorial que existía en Portugal dende 1926 (coñecido dende 1933 como Estado Novo) e que era o máis lonxevo de Europa, sen grande resistencia das forzas leais ó goberno, que cederon perante o movemento popular, que rapidamente apoiaron ós militares. O levantamento foi conducido polos oficiais intermedios da xerarquía militar (o MFA), na súa maior parte capitáns que tiñan participado na guerra colonial. Considérase, en termos xerais, que esta revolución devolveu a liberdade ó pobo portugués (denominándose "Día da Liberdade" ó día conmemorativo instituído en Portugal para recordar a revolución). A revolución debe o seu nome á reacción popular, que repartiu caraveis ós soldados e estes os puxeron nos canóns das súas armas, simbolizando o seu apoio á revolución.

E imos coa pregunta de hoxe!

25. Con que outro conflito coincidiu a Revolución rusa?

- Primeira Guerra Mundial

- Segunda Guerra Mundial

- Guerra Fría

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal play.howstuffworks.com/quiz, es.wikipedia.org e propia   Imaxe: rtve.es e reasilvia.com

0 comentarios