CANTO SABES DA HISTORIA DA HUMANIDADE? XXXI
Continúo coa serie adicada a historia da humanidade, na que determinados feitos, sucesos, acontecementos, guerras e demais cambiaron a situación xeopolítica, así como relacións entre distintos países e situacións actuais.
A contestación correcta á pregunta de onte é 1989. A caída do Muro de Berlín foi unha revolta popular producida na capital de Alemaña Oriental, Berlín Oriental, o 9 de novembro de 1989, como consecuencia da cal quedaron derrubadas as fortificacións defensivas que a separaban de Berlín Occidental (que non pertenecia a Alemaña Occidental), xunto á fronteira aberta de facto (historicamente a separación entre os antigos sectores de ocupación estadounidense, británico e francés e o sector de ocupación soviético). Considérase un dos acontecementos transcendentes na historia mundial, que marcou o fin do Telón de aceiro. A caída da fronteira de Alemaña Oriental con Alemaña Occidental tivo lugar poucas horas despois. Este feito puxo punto final á Guerra Fría, o que foi proclamado no Cume de Malta tres semanas máis tarde, e deu lugar á reunificación de ambas as Alemanias menos de 11 meses despois.
E imos coa pregunta de hoxe!
31. Quen foi a primeira persoa coñecida que propuxo o Modelo Heliocéntrico do Sistema Solar?
- Arquímides
- Ptolomeo
- Aristarco
- Copérnico
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: Idea orixinal play.howstuffworks.com/quiz, es.wikipedia.org e propia Imaxe: es.wikipedia.org
0 comentarios