Blogia
vgomez

Un robot humanoide bate a marca de Usain Bolt nos 100 metros lisos nos Xogos Robóticos de Pequín

O vídeo non ten perda! Un robot humanoide logrou superar a marca mundial dos 100 metros de Usain Bolt durante unha carreira preliminar dos Xogos Mundiais de Robots Humanoides, que se celebran en Pequín.

O protagonista desta sorprendente fazaña é Tiangong Ultra, un robot que forma parte do equipo Tianzhuo e que conseguiu completar os 100 metros en apenas 9,39 segundos. Unha marca que mellora os 9,58 segundos que Usain Bolt estableceu como marca mundial humano en 2009.

A competición, que alcanza xa a súa segunda edición, reúne na capital chinesa a diferentes equipos e robots humanoides preparados para demostrar as súas capacidades deportivas. A velocidade é unha das probas que máis expectación está a xerar entre os asistentes e espectadores.

O tempo de Tiangong Ultra supón un novo fito para a robótica e demostra ata que punto evolucionaron estes dispositivos, capaces de correr a velocidades que hai uns anos parecían imposibles para unha máquina con forma humana.

Iso si, a comparación cos atletas humanos ten algúns matices e, vendo as imaxes, parece que os robots acaban un pouco máis "polos chans" que os humanos.

FONTE: elmundo.es

0 comentarios