CANTO SABES DA HISTORIA DA HUMANIDADE? XXXVI
Continúo coa serie adicada a historia da humanidade, na que determinados feitos, sucesos, acontecementos, guerras e demais cambiaron a situación xeopolítica, así como relacións entre distintos países e situacións actuais.
A contestación correcta á pregunta de onte é ...
Johann Sebastian Bach (1685-1750), compositor, músico, director de orquestra, mestre de capela, cantor e profesor alemán do período barroco: A Paixón segundo Santo Mateo…
Georg Friedrich Händel (1685-1759), compositor alemán, posteriormente nacionalizado británico. Considerado unha das figuras cume da historia da música, especialmente a barroca, e un dos máis influentes compositores da música occidental e universal: O Mesías…
Johannes Chrysostomus Wolfgangus Theophilus Mozart ( 1756-1791), máis coñecido como Wolfgang Amadeus Mozart, foi un compositor, pianista, director de orquestra e profesor de orixe austriaco, do antigo Arcebispado de Salzburgo (anteriormente parte do Sacro Imperio Romano Xermánico, actualmente parte de Austria). Mestre do clasicismo, é considerado como un dos músicos máis influentes e salientables da historia: Réquiem…
Ludwig van Beethoven (1770-1827), compositor, director de orquestra, pianista e profesor de piano alemán. O seu legado musical abarca, cronoloxicamente, desde o Clasicismo ata os inicios do Romanticismo. É considerado un dos compositores máis importantes da historia da música e o seu legado influíu de forma decisiva na evolución posterior desta arte: Sinfonía nº 9…
Frédéric François Chopin (1810-1849), compositor, virtuoso pianista e profesor francopolaco, considerado un dos máis importantes da historia e un dos maiores representantes do romanticismo musical, que escribiu principalmente para piano só. Mantivo un renome mundial como un dos principais músicos da súa época, cuxo «xenio poético baseábase nunha técnica profesional sen igual na súa xeración»: Gran Rondó de Concerto (’’Krakowiak’’) Op. 14 en Fa maior…
Franz Peter Schubert (1797-1828), coñecido como Franz Schubert, foi un compositor austríaco dos principios do Romanticismo musical e, á vez, continuador da sonata clásica seguindo o modelo de Ludwig van Beethoven. A pesar da súa curta vida, deixou un gran legado que inclúe máis de seiscentas obras vocais seculares (principalmente en lieder), sete sinfonías completas, música sacra, óperas, música incidental e gran cantidade de obras para piano e música de cámara: Sinfonía inacabada ou inconclusa…
E imos coa pregunta de hoxe!
36. O conflito bélico da Guerra do Vietnám en que datas tivo lugar?
- 1946-1954
- 1954-1955
- 1955-1975
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: Idea orixinal play.howstuffworks.com/quiz, es.wikipedia.org e propia Imaxe: es.wikipedia.org
0 comentarios