Blogia
vgomez

CANTO SABES DA HISTORIA DA HUMANIDADE? XXXVIII

Continúo coa serie adicada a historia da humanidade, na que determinados feitos, sucesos, acontecementos, guerras e demais cambiaron a situación xeopolítica, así como relacións entre distintos países e situacións actuais.

A contestación correcta á pregunta de onte é Ampurias, na actual XironaA presenza romana na Península Ibérica comezou no ano 218 a.C. co desembarco das tropas de Cneo e Publio Cornelio Escipión na cidade grega de Emporion (Ampurias), na actual provincia de Xirona, Cataluña. Este movemento militar estratéxico produciuse durante a Segunda Guerra Púnica. O obxectivo de Roma non era inicialmente conquistar a península, senón cortar as liñas de subministracións e reforzos (prata e tropas) que Cartago e o xeneral Aníbal enviaban desde Hispania cara á península itálica. Tras expulsar aos cartaxineses, Roma iniciou un longo proceso de conquista que durou case dous séculos.

E imos coa pregunta de hoxe!

38. Relaciona cada escritor coa corrente literaria... 

- Óscar Wilde                              

- Rubén Darío                               

- André Breton 

- Umberto Eco 

- William Shakespeare 

- John Milton 

- Jean-Jacques Rousseau 

- Gustavo Adolfo Bécquer

- León Tolstoi

- Émile Zola 

- José María de Pereda 

- Pierre Théophile Gautier 

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal play.howstuffworks.com/quiz, es.wikipedia.org e propia   Imaxe: es.wikipedia.org

0 comentarios