CANTO SABES DA HISTORIA DA HUMANIDADE? XL
Continúo coa serie adicada a historia da humanidade, na que determinados feitos, sucesos, acontecementos, guerras e demais cambiaron a situación xeopolítica, así como relacións entre distintos países e situacións actuais.
A contestación correcta á pregunta de onte é Do 30 de xaneiro de 2020 ata o 5 de maio de 2023. A pandemia de COVID-19, coñecida tamén como pandemia de coronavirus, foi unha pandemia derivada da enfermidade causada polo virus SARS-CoV-2. Inicialmente foi chamada pneumonía de Wuhan, posto que os primeiros casos foron identificados en decembro de 2019 na cidade chinesa de Wuhan, ao reportarse casos dun grupo de persoas enfermas cun tipo de pneumonía descoñecida. A maioría dos afectados tiña vinculación con traballadores do Mercado almacenista de mariscos de Huanan. A Organización Mundial da Saúde (OMS) declarouna unha emerxencia de saúde pública de importancia internacional o 30 de xaneiro de 2020, condición que mantivo ata o 5 de maio de 2023, cando a OMS decretou o fin da emerxencia sanitaria. Millóns de casos foron confirmados en máis de 200 países e territorios, co maior número de casos nos Estados Unidos, Brasil, India, Rusia, Suráfrica, Perú, México, Colombia, Chile, España, Irán e o Reino Unido. Máis de 13 millóns de persoas conseguiron recuperarse da doenza e máis dun millón morreron.
E imos coa pregunta de hoxe!
40. Quen foi a primeira muller en ocupar o cargo de primeira ministra da Gran Bretaña?
- Florence Nightingale
-Elizabeth Truss
- Margaret Thatcher
- Jane Austen
- Theresa May
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: Idea orixinal play.howstuffworks.com/quiz, es.wikipedia.org e propia Imaxe: es.wikipedia.org
0 comentarios