Blogia
vgomez

CANTO SABES DA HISTORIA DA HUMANIDADE? XLII

Continúo coa serie adicada a historia da humanidade, na que determinados feitos,sucesos, acontecementos, guerras e demais cambiaron a situación xeopolítica, así como relacións entre distintos países e situacións actuais.

A contestación correcta á pregunta de onte é ...

ÁFRICA: David Livingstone: (1813-1873), explorador, médico e misioneiro escocés, coñecido principalmente polo descubrimento das cataratas Victoria e pola súa actividade antiescravista.

Diogo Cão: (14401486), explorador e navegante portugués. Fixo dúas viaxes navegando ao longo da costa oeste de África entre 1482 e 1486, sendo o primeiro europeo coñecido que avistou a foz do río Congo e que o remontou nos seus quilómetros navegábeis, e en explorar a costa desde o cabo de Santa Catarina (Gabón), case no Ecuador, e o cabo Cross, preto de Walvis Bay, na costa da actual Namibia.

ASIA e O. MEDIO: Marco Polo: (1254-1324), comerciante, explorador e escritor italiano da República de Venecia que viaxou por Asia ao longo da ruta da seda entre 1271 e 1295. As súas viaxes recóllense no libro As viaxes de Marco Polo, que describía aos europeos a entón misteriosa cultura e o funcionamento interno do mundo oriental, incluídas a riqueza e o gran tamaño do Imperio Mongol e a China da dinastía Yuan, ofrecéndolles a primeira visión completa da China, Persia, India, Xapón e outras cidades e países asiáticos.

Vasco de Gama(460/1469-1524), navegante e explorador portugués, e o primeiro europeo en chegar á India por mar. Na era dos descubrimentos destacou por ser o comandante dos primeiros barcos que navegaron directamente desde Europa ata a India para descubrir unha ruta comercial directa entre estas dúas rexións. Foi a viaxe oceánica máis longa realizada ata ese momento, pola que foi denominada ruta das indias.

AMÉRICA: Cristobal Colón: (1450 ou 1451-1506), navegante, cartógrafo, almirante, vicerrei, explorador e gobernador xeral das Indias durante os séculos XV e XVI ao servizo dos Reis Católicos, famoso polo denominado descubrimento de América para a civilización occidental en 1492, tras emprender unha viaxe a través do océano Atlántico co obxectivo de chegar á India, malia que en troques chegou ás illas do Caribe na América Central conseguindo establecer as rutas marítimas e abrindo o camiño á colonización americana.

Alonso de Ojeda: (1466-1515), navegante, gobernador e conquistador español. Percorreu as costas da Güiana, Venezuela, Trinidad, Tobago, Curaçao, Aruba e Colombia. É famoso por dar o nome Venezuela á rexión que explorou nas súas dúas primeiras viaxes e por descubrir o lago de Maracaibo e fundar Santa Cruz (La Guairita).

OCEANÍA: James Cook: (1728-1779), exploradornavegante e cartógrafo británico. Cook fixo mapas detallados das costas de Terra Nova antes de facer tres viaxes ao océano Pacífico, nos que logrou explorar as principais illas desta rexión. Entre outros, foi o primeiro europeo en explorar a costa oriental de Australia e as illas Hawai e fixo a primeira circunnavegación de Nova Zelandia.

Álvaro de Amendaña(1541-1595), navegante español que levou a cabo dúass expedicións ao océano Pacífico, nas que descubriu as illas Salomón e as illas Marquesas.

REXIÓNS POLARESPietro Querini: foi un capitán de barco do século XV da República de Venecia. É coñecido por naufragar en Røst, ao norte de Noruega, durante o inverno de 1432, e por regresar posteriormente a Venecia, onde escribiu un informe das súas viaxes para o Senado veneciano.

Roald Amudsen: (1872-1928), explorador noruegués das rexións polares. Foi unha figura clave do período coñecido como a era heroica da exploración da Antártida. Dirixiu a expedición á Antártida que por primeira vez alcanzou o Polo Sur. Tamén foi o primeiro en sucar o Paso do Noroeste, que unía o Atlántico co Pacífico, e formou parte da primeira expedición aérea que sobrevoou o Polo Norte.

E imos coa pregunta de hoxe!

42. En que ano foi asasinado o presudente dos Estados Unidos John F. Kennedy?

- 1961

- 1962

- 1963

- 1964

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal play.howstuffworks.com/quiz, es.wikipedia.org e propia   Imaxe: perfil.com

0 comentarios