CANTO SABES DA HISTORIA DA HUMANIDADE? XLIV
Continúo coa serie adicada a historia da humanidade, na que determinados feitos,sucesos, acontecementos, guerras e demais cambiaron a situación xeopolítica, así como relacións entre distintos países e situacións actuais.
A contestación correcta á pregunta de onte é ...
Teléfono: Antonio Meucci (1808‑ 1889), inventor e inxeñiro italiano que emigrótou aos Estados Unidos, coñecido como o creador do teletrófono, posteriormente bautizado como «teléfono», entre otras innovaciones técnicas.
Telescopio: Galileo Galilei (1564-1642, astrónomo Italiano, filósofo, e físico, asociado coa revolución científica. Foi sinalado como o "pai da moderna astronomía" (título ó que pode que Kepler teña máis dereito), o "pai da física moderna", e o "pai da ciencia". Con Bacon, foi o pioneiro do método científico.
Microscopio: Antoni van Leeuwenhoek (1632-1723), neerlandés destacado como mercador, agrimensor, tratante de viño, vidreiro e microbiólogo. Sobre todo é coñecido polo microscopio inventado por el mesmo e mais polo seu traballo pioneiro nas áreas da bioloxía celular e da microbioloxía. Foi o primeiro en conseguir observar e describir organismos unicelulares.
Formigón: Joseph Aspdin (1778-1855), fabricante de cemento británico, que obtivo a patente do cemento Portland o 21 de outubro de 1824.
Máquina de vapor: James Watt (1736-1819, matemático e enxeñeiro escocés. As melloras que realizou na máquina de Newcomen deron lugar á coñecida como máquina de vapor de auga, que resultaría fundamental no desenvolvemento da primeira Revolución Industrial, tanto en Inglaterra como no resto do mundo.
Antibióticos: O principio de antibiose foi descrito en 1877 cando Louis Pasteur (1822-1895) e Robert Koch (1843-1910) observaron que un bacilo procedente do aire podía inhibir o crecemento da bacteria Bacillus anthracis.
Wifi: O wifi moderno foi desenvolvido por un equipo de científicos da organización australiana CSIRO liderados polo enxeñeiro John Ou’Sullivan nos anos 90. Con todo, as bases teóricas do salto de frecuencia foron ideadas décadas antes pola actriz Hedy Lamarr.
E imos coa pregunta de hoxe!
44. Vladímir Vladímirovich Putin foi descrito como o líder de facto de Rusia desde o ano 2000. Pero realmente dende cando é Presidente da da Federación Rusa?.
- 2000
- 2008
- 2012
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: Idea orixinal play.howstuffworks.com/quiz, es.wikipedia.org e propia Imaxe: descargas.intef.es/recursos_educativos e es.wikipedia.org
0 comentarios