Blogia
vgomez

CANTO SABES DA LITERATURA ESPAÑOLA? X

Continúo coa serie adicada á Liretatura Española. A literatura é un dos ámbitos que máis destacaron en España, e é que o noso país tivo grandes escritores e escritoras recoñecid@s internacionalmente en cada século da historia, nunha ampla variedade de xéneros entre narrativa, teatro, poesía ou ensaio, así como movementos que penetraron no noso país como o Romanticismo, o Neoclasicismo ou o Modernismo.

A contestación correcta á pregunta de onte é Antonio Machado. Antonio Machado Ruiz (Sevilla, 26 de xullo de 1875-Colliure, 22 de febreiro de 1939) foi o poeta español máis novo representante da xeración do 98. A súa obra inicial, de corte modernista (como a do seu irmán Manuel), evolucionou cara a un intimismo simbolista con trazos románticos, que madurou nunha poesía de compromiso humano, dunha parte, e de contemplación da existencia, por outra; unha síntese que na voz de Machado faise eco da sabedoría popular máis ancestral. Foi un dos alumnos distinguidos da Institución Libre de Ensino, con cuxos idearios estivo sempre comprometido. Faleceu no exilio durante a guerra civil española. Campos de Castilla é un libro de poesía, cuxa primeira edición apareceu en 1912. O Machado do París simbolista e o Madrid bohemio reflectidos nos seus anteriores poemarios deu paso na descarnada realidade soriana a un home diferente: "...cinco anos en Soria —escribiría logo en 1917— orientaron os meus ollos e o meu corazón cara ao esencial castelán...—e engade— Xa era, ademais, moi outra a miña ideoloxía". É a voz do Machado noventaiochista. No literario, así quedou reflectido en Campos de Castilla; no profesional, iniciou a súa vida de profesor de instituto; no sentimental, descubriu a Leonor, o gran amor da súa vida.

E imos coa pregunta de hoxe!

10.  A que xeración literaria pertencen autores como Azorín e Po Baroja?

a) Xeración do 27

b) Xeración do 98

c) Xeración do 36

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal larazon.es/cultura, es.wikipedia.org, miaulaabierta.wordpress.com e propia      Imaxes: es.wikipedia.org

0 comentarios