Blogia
vgomez

CANTO SABES DA LITERATURA ESPAÑOLA? XIII

Continúo coa serie adicada á Liretatura Española. A literatura é un dos ámbitos que máis destacaron en España, e é que o noso país tivo grandes escritores e escritoras recoñecid@s internacionalmente en cada século da historia, nunha ampla variedade de xéneros entre narrativa, teatro, poesía ou ensaio, así como movementos que penetraron no noso país como o Romanticismo, o Neoclasicismo ou o Modernismo.

A contestación correcta á pregunta de onte é Federico Garcia Lorca. Nado en Fuente Vaqueros (Provincia de Granada) o 5 de xuño de 1898 e finado en Víznar (Provincia de Granada) o 18 de agosto de 1936, poeta e dramaturgo andaluz. Membro da Xeración do 27 e autor en lingua galega de Seis poemas galegos (1935), é considerado o poeta español máis lido de tódolos tempos. Morreu fusilado polo bando franquista un mes despois do Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, que desencadeou o inicio da Guerra civil española.

Vodas de sangue é unha traxedia en verso e en prosa escrita no ano 1931. Estreouse o 8 de marzo de 1933 no Teatro Beatriz de Madrid pola Compañía de Josefina Díaz e Manuel Collado e escenografía de Santiago Ontañón. Ambienta a historia dunha parella que esta a piques de contraer matrimonio, o cal vese frustrado pola aparición dun antigo amor da moza. Esta obra tráxica representa varios dos arquetipos sociais da España rural da época, as relacións familiares e as distintas formas de amor.

E imos coa pregunta de hoxe!

13. Que novela de Camilo José Cela considérase un expoñente do tremendismo?

- A colmea

- Mazurca para dous mortos

- A familia de Pascual Duarte

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal larazon.es/cultura, es.wikipedia.org, miaulaabierta.wordpress.com e propia      Imaxes: es.wikipedia.org e rtve.es

0 comentarios