Blogia

vgomez

#DígochoEu: Os #cibercarrachos adoran que teñas sempre o 'bluetooth' activado

Coñeces o que é o Bluesnarfing? Pois moito coidado cos #cibercarrachos😈! Atención aos consellos de Esther!

#DígochoEu

CANTO SABES DE QATAR? V

Continúo coa serie adicada a Qatar, un país localizado no oeste de Asia, ocupando a pequena Península de Qatar, sendo un pouco máis grande que o noso Principado de Asturias.

A contestación correcta á pregunta onte é 10.000 km2. Exactamente 11.437 km2. Tal como dixemos nun principio, é un pouco máis grande que o Principado de Asturias que ten 10.602 km2. Con respecto a países do mundo, está na liña de Gambia (11.295 km2) e Xamaica (10.991 km2).

E imos coa pregunta de hoxe!

5. Cal é a poboación, aproximada, de Qatar?

- 1 millón

- 2 millóns

- 3 millóns

- 4 millóns

Mañá a solución e una nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org   Imaxes:mapas-del mundo-com e as.com

IMAXES NUNCA VISTA DO SOL

Imaxe da atmosfera superior do Sol, a coroa, que mostra o plasma a un millón de graos Celsius movéndose ao redor da estrela / ESA & NASA/Solar Orbiter/EUI Team

Descifrar o Sol é fundamental porque é a fonte da vida, ademais de ser a orixe de fenómenos como as erupcións e execcións de masa coronal, que afectan as comunicacións, e determinante no clima terrestre ou na planificación de misións espaciais ou para o estudo de astros similares. Hai catro anos, a Axencia Espacial Europea (ESA), co apoio da NASA, lanzou Solar Orbiter, o máis sofisticado laboratorio espacial de investigación da estrela básica do noso sistema. O Xerador de Imaxes Polarimétrico e Heliosísmico (PHI) e o Extreme Ultraviolet Imager (EUI) da nave achegaron onte, mércores, novas perspectivas inéditas, tomadas o 22 de marzo de 2023 a menos de 74 millóns de quilómetros do astro, que alimentan a investigación e completan as tomadas un ano antes.

Localización da Solar Orbiter no momento que se captaron as imaxes o pasado marzo / ESA

Se queres ver outras imaxes captadas preme AQUÍ .

FONTE: elpaís.com/ciencia

A HISTORIA DUN COMPROMISO COA INFANCIA

Ata principios do século XX a infancia non era considerada unha etapa que había que protexer, os nenos e nenas eran considerados adultos en miniatura, persoas incompletas coas que non había que contar, nin ás que había que salvagardar.

Nacho Guadix, responsable de Educación de UNICEF España, comparte cun grupo de mozos os acontecementos históricos que culminaron, en 1989, coa Convención dos Dereitos da Infancia, o tratado de Dereitos Humanos máis ratificado da historia.

Un percorrido infestado de dificultades que arrinca no contexto da Primeira Guerra Mundial, cando unha mestra inglesa, Eglantyne Jebb, impulsou o recoñecemento dos dereitos dos nenos, establecendo un tratado que elevou á Sociedade de Nacións, iniciando o camiño cara ao recoñecemento dos Dereitos da Infancia.

Uns anos máis tarde, no ano 48, Nacións Unidas funda UNICEF (Fondo das Nacións Unidas para a Infancia) co obxectivo de protexer á infancia no contexto da Segunda Guerra Mundial. Desde entón, traballa incansablemente mantendo intacta a súa misión, a súa paixón e a súa dedicación, adaptándose aos desafíos de cada época.

Aínda que os avances son innegables, queda moito por facer, apunta Guadix, millóns de nenos no mundo ven vulnerados os seus dereitos cada día, por iso, UNICEF segue traballando para cambiar esta realidade, lembrándonos que a infancia necesita unha sociedade comprometida.

CANTO SABES DE QATAR? IV

Continúo coa serie adicada a Qatar, un país localizado no oeste de Asia, ocupando a pequena Península de Qatar, sendo un pouco máis grande que o noso Principado de Asturias.

A contestación correcta á pregunta onte é 3. A saber…

E imos coa pregunta de hoxe!

4. Cal é a superficie, aproximada, de Qatar?

- 1.000 km2

- 10.000 km2

- 20.000 km2

Mañá a solución e una nova proposta!

FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org  

#DígochoEu: Cereixas e cereixos

A cereixa é unha foita moi saborosa. A súa árbore é a cerdeira ou cereixeira. Pero non *cereixo, pero espera o seu significado é alucinante...!

#DígochoEu

CREBACABEZAS III: LEÓN

preview12piecelion

Que tal co crebacabezas do gato do día pasado? Ben, supoño, pois era fácil!

Pois propóñoche hoxe outro, complicando un chisco maís o tema. Neste caso 12 pezas: león!

FONTE: jigsawplanet.com

#DígochoEu: Sabes o que é 'rumbar'?

Rumbar é un verbo que ten moitos significados. Atentos a Esther!

#DígochoEu