Blogia
vgomez

A PENSAR

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO LETRAS GALEGAS

VERTICAIS: 1. ROSALÍA (María Rosalía Rita de Castro) 2. CANTAREIRAS (posía popular oral) 3. MURGUÍA (Manuel A. Martínez Murguía) 5. RISCO (Vicente Martínez Risco e Agüero) 8. DIESTE (Rafael Francisco Antonio Olegario Dieste Gonçalves).

HORIZONTAIS: 4. CUNQUEIRO (Álvaro Cunqueiro Mora) 6. CASTELAO (Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao) 7. PONDAL (Eduardo María González-Pondal e Abente) 9. PEDRAYO (Ramón Antonio Vicente Otero Pedrayo) 10. FOLE (Ánxel Fole Sánchez).

Algúns homenaxeados no Día das Letras Galegas ao longo da historia!

ENCRUCILLADO LETRAS GALEGAS

VERTICAIS: 1. Escritora e poeta a quen se lle adicou o Primeiro Día das Letras Galegas en 1963 2. A quen se lle adica este ano 2025 o Día das Letras galegas? 3. Primeiro Presidente da Real Academia Galega (RAG) e marido de Rosalía de Castro 5. Escritor ourensán autor da obra O Porco de Pé (1928) 8. Escritor rianxeiro autor da obra Dos arquivos do trasno (1926).

HORIZONTAIS: 4. Escritor mindoniense autor da obra poética Mar ao Norde (1932) 6. Pai do nacionalismo galego, comprometido coa terra e o país, autor da obra teatral Os vellos non deben namorarse (1953) 7. Un fragmento do seu poema Os Pinos constitúe a letra do Himno de Galicia. 9. Escritor e politico ourensán, autor da novela Arredor de si (1930) 10. Escritor lucense, autor da obra Á lus do candil. Contos a carón do lume (1953).

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO CLXXV

VERTICAIS: 1. Aloumiñar 3. Llobregat 4. Radon 5. Tiber 6. Meis

HORIZONTAIS: 2. Mildio 7. Bombardino 8. Breca 9. Sucre 10. Actinidia.

Máis cultura xeral!

ENCRUCILLADO CLXXV

VERTICAIS: 1. Tratar con cariño ou afago [a alguén] para producirlle agrado 3. Nome do río máis grande de cataluña que discorre integramente pola comunidade, con nacemento no concello de Castellar de n’Hug e desembocadura no mar Mediterráneo 4. Elemento químico do grupo dos gases nobres, radioactivo, orixinado por descomposición do radio, de símbolo Rn e que está asociado ao cancro de pulmón, presente en altas concentracións no 70% do territorio galego 5. Nome do río que pasa po Roma 6. Concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Salnés, con capitalidade no Mosteiro.

HORIZONTAIS: 2. Enfermidade criptogámica das plantas que ataca especialmente a viña e se manifesta pola aparición de manchas nos órganos afectados (follas, flores e froitos) 7. Instrumento de vento, de metal e tubo curvado, moi semellante á tuba, tamén coñecido como eufonio 8.  Peixe da familia dos espáridos, de corpo oval duns cincuenta centímetros de lonxitude, cor rosada, co dorso máis escuro e ás veces con pequenas manchas azuis e fociño alongado, de nome científico Pagellus erythrinus 9. Capital de Bolivia 10. Planta do kiwi.

SOLUCIÓN SOPA DE LETRAS CLXXIII

Editoriais!

SOPA DE LETRAS CLXXIII

ANAGRAMA      GALAXIA           PLANETA

SIRUELA            CUMIO               SALAMANDRA

ESPASA             TAMBRE            GALINOVA

AIRA                  ALFAGUARA      ACANTILADO

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO CLXXIV

VERTICAIS: 1. Cartafol 2. Cartelle 4. Mulhacén 6. Mirabel 7. Ferrol.

HORIZONTAIS: 3. Platino 4. Mackenzie 8. Cabala 9. Gabarra 10. Sedeño.

Máis cultura xeral!

ENCRUCILLADO CLXXIV

VERTICAIS: 1. Contedor virtual no que se almacena un grupo de arquivos de datos e que pode conter, á súa vez, outros contedores 2. Concello da provincia de Ourense, pertencente a  Comarca de Terra de Celanova, onde se atopa a Igrexa barroca das Marabillas 4. Punto máis alto da Península Ibérica situado en Serra nevada con 3.479 m s.n.m. 6. Variedade da ameixeira común, case exclusiva da rexión francesa de Lorena, aínda que é común no val do Rosal (Pontevedra), que dá como froito unhas ameixas redondas, amarelas ou vermellas e de nome científico Prunus domestica var. syriaca 7. Cidade da provincia da Coruña, capital da comarca que leva o seu nome, con importancia naval e referente turistico da súa Semana Santa.

HORIZONTAIS: 3. Elemento químico de transición, metal precioso branco prateado, dúctil e maleable, empregado en xoiaría e na industria, e símbolo Pt 4. Río más grande de Canadá 8. Peixe fusiforme da familia dos escómbridos, de cor verde ou azul irisada con listas verticais negras no lombo e prateada ou branca no ventre, e de nome científico Scomber scombrus 9. Embarcación de fondo plano, xeralmente cuberta, que se usa especialmente nos ríos para transporte de mercadorías 10. Corda longa e grosa usada para suxeitar a carga do carro ou do remolque.