Blogia
vgomez

A PENSAR

ENCRUCILLADO CI

VERTICAIS: 1. Título da obra poética, publicada en 1934, de Florencio Delgado Gurriarán, a quen se lle adica este ano o Día das Letras Galegas 2. Planta ornamental da familia das xeraniáceas, da que existen distintas especies, con flores brancas, vermellas ou rosas, moi cultivada en xardíns e balcóns 3. Peixe da familia dos clupeidos, duns quince centímetros e cor azulada no lombo e prateada no ventre, que ten as escamas da zona ventral dispostas a modo de quilla e de nome científico Sprattus sprattus 5. País no que se atopa o monte Kilimanjaro, o punto máis alto de África, con 5.895 m. 7. Abertura longa e estreita que se fai nun terreo para levantar un valado, pór os cimentos, conducir a auga etc. 8. Nome da maior lúa de Saturno e a segunda maior de todo o Sistema Solar, despois de Ganímedes (lúa de Xúpiter) 10. concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Mariña Occidental, a media distancia entre Viveiro e Ribadeo.

HORIZONTAIS: 4. Parte reprodutora masculina da flor  6. Territorio separatista de Moldavia situado principalmente entre o río Dnister e a fronteira oriental da República de Moldavia con Ucraína, que ten por capital Tiráspol 9. Nome do maior lago de América do Sur, situandose a 3.821 m por enriba do nivel do mar, é o lago máis alto comercialmente navegable do mundo.

SOLUCIÓN SOPA DE LETRAS XCVI

SOLUCIÓN SOPA DE LETRAS XCVI

Máis cultura xeral!

SOPA DE LETRAS XCVI

SOPA DE LETRAS XCVI

ESTRIBEIRA       MILLADOIRO

REI                       LÁDOGA

MANTELO           ARTEMISA

TEMPA                ZLOTY

SADA                   MUGA

XEROGLÍFICO XXXV (FIN SEGUNDA PARTE)

E imos coa solución do último xeroglífico, correspondente ao día de onte!

(mes) ABRIL + (chuvia e paraugas para librarse dela) AUGAS + (mil €) MIL

O refrán propular deste mes, que por certo pouco se está a cumprir: ABRIL AUGAS MIL

Ata a proxima serie, que será a terceira!

FONTE: Adaptación propia de cotlas.org

XEROGLÍFICO XXXIV

A solución do xeroglífico do día anterior é: SINXELO.

(nota musical) SI + N + (xema -ma) XE + (número romano 50) L + (vogal) O

E imos coa proposta de hoxe!

Maña a solución e fin desta segunda parte da serie!

FONTE: Adaptación propia de cotlas.org

XEROGLÍFICO XXXIII

A solución do xeroglífico do día anterior é: A ROSA.

(imaxe) ARO + S + (vogal) A

E imos coa proposta de hoxe!

Mañá a solución e un novo xeroglífico!

FONTE: Adaptación propia de ogalego.eu

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO C

VERTICAIS: 1. Ferrol 3. Albacora 5. Zugspitze 9. Maside.

HORIZONTAIS: 2. Torrada 4. Enol 6. Braga 7. Sístole 8. Arraianos 10. Camberra.

Máis cultura xeral!

ENCRUCILLADO C

VERTICAIS: 1. Cidade galega, da provincia da Coruña, onde o Venres Santo, se celebra a procesión dos caladiños 3. Peixe mariño da familia dos escómbridos, semellante ao bonito, pero de menor tamaño, carne máis branca e aletas pectorais de maior lonxitude, do que existen varias especies e de nome científico Thunnus alalunga 5. Nome da montaña máis alta de Alemaña, con 2.962 metros, situada na cadea dos Alpes, no macizo de Wetterstein, nos Alpes bávaros  9. Apelido do pintor galego, nado en San Xulián (Pontecesures) o 16 de marzo de 1897 e finado en Santiago de Compostela o 10 de xuño de 1958, que conxugou na súa obra o cubismo, o realismo máxico e o expresionismo, polo que rematou sendo unha importante referencia para as vangardas pictóricas galegas.

HORIZONTAIS: 2. Rebanda de pan empapada en leite e ovo, frixida e azucrada, que foi un dos doces típicos da pasada Semana Santa 4. Nome dun pequeno lago de montaña do norte de España, localizado nos Picos de Europa, na cordilleira Cantábrica 6. Nome da cidade portuguesa situada no norte do país, sendo a terceira cidade máis poboada do país tras de Lisboa e Porto 7. Contracción do tecido muscular do corazón 8. Título da novela de Xosé Luís Méndez Ferrín, publicada en 1991, situando a súa trama na raia (fronteira con Portugal) 10. Capital de Australia.