Blogia
vgomez

A PENSAR

XEROGLÍFICO III

A solución a o último xeroglífico: MUÍÑO DE CAFE

E imos coa proposta de hoxe! Tamén sinxelo!

O próximo día a solución e un novo xeroglífico!

FONTE: Adaptación propia, cocolisto.com e epasatiempos.es

XEROGLÍFICO II

A solución a o último xeroglífico: É UNHA AVE RAPAZ (R+PAZ)

E imos coa proposta de hoxe! Tamén sinxelo!

O próximo día a solución e un novo xeroglífico!

FONTE: Adaptación propia, cocolisto.com e epasatiempos.es

XEROGLÍFICO

Un xeroglífico é un tipo de acertijo lóxico gráfico. É un pasatempo que consiste en descubrir unha palabra ou frase a partir dunha serie de imaxes ou signos dispostos nun recuadro. Os signos poden consistir en letras, números, notas musicais, etc. e para a construción da frase é relevante tanto o seu significado como a posición relativa entre eles. Xeralmente, a resolución constitúe a resposta a un enunciado dado.

Inicio hoxe unha serie adicada a eles. Comezarei cun moi sinxelo!

O próximo día a solución e un novo!

FONTE: Adaptación propia, cocolisto.com e epasatiempos.es

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO XCI

VERTICAIS: 1. Cunqueiro 2. India 3. Apalpador 5. Picallo 9. Tea.

HORIZONTAIS: 4. Reikiavik 6. Chambra 7. Avea 8. Elfo 9. Tirreno.

Máis cultura xeral!

ENCRUCILLADO XCI

VERTICAIS: 1. Apelido do escrtitor galego, nado en Mondoñedo en 1911, e autor do ensaio A cociña galega (1973) 2. Nome do pais, segundo do mundo en poboación e oitavo en extensión do planeta 3. Figura mítica dun xigante carboeiro, ligado á tradición do Nadal en Galicia, que baixa a noite do 24 ou 31 de decembro segundo a zona, para visitar aos nenos, tocándolles no ventre para ver se comeron abondo durante o ano, deixándolles unha presada de castañas, eventualmente algún regalo e desexándolles que teñan un ano novo cheo de felicidade e fartura 5. Apelido do escultor galego, nado en Cuntis (Pontevedra-1940) e autor, entre outras esculturas, do Monumento ó mariñeiro descoñecido, que se atopa na nosa localidade de A Guarda 9. Río, afluente do Miño, duns 50 quilómetros de longo, que atravesa a bisbarra do Condado, no sur da provincia de Pontevedra.

HORIZONTAIS: 4. Capital e cidade máis poboada de Islandia 6. Tipo de camisa ancha e frouxa que usan sobre todo as mulleres e os nenos 7. Planta da familia das gramíneas, de talo oco, delgado e alto, no extremo do cal hai unhas ramiñas con espigas moi pequenas que poden ter de dúas a nove flores e de nome científico Avena sativa 8. Xenio que, segundo a mitoloxía nórdica, habita no aire e simboliza os fenómenos atmosféricos 9. Mar que forma parte do Mar Mediterráneo e que baña o oeste da costa de Italia.

SOLUCIÓN Á SOPA DE LETRAS LXXXVII

Músculos do corpo humano!

SOPA DE LETRAS LXXXVII

ABDOMINAIS      BÍCEPS       FRONTAL      ADUTOR

CIGOMÁTICO      TRÍCEPS     MASÉTER      TRAPECIO

BUCINADOR        FRONTAL    DELTOIDE    SARTORIO

ORBICULAR         PEITORAL  XEMELGOS   GLÚTEOS

SOLUCIÓN Á SOPA DE LETRAS LXXXVI

Máis ósos do corpo humano!